Na procura da Raíña Lupa no sagrado Monte Pindo

Dedicamos a última entrada deste blogue a estudar a relación existente entre a Raíña Lupa e a Vella, chegando á conclusión de que a primeira non é senón a versión culta e cristianizada da segunda. Esta idea conduciunos a pensar que a Moura ben puido ser unha deusa primordial para os galegos, a cal precisaba ser sometida e dominaba polo Apóstolo Santiago no proceso de cristianización da nosa terra.

Así as cousas, tras ter acadado a íntima convicción da existencia dunha relixión precristiá en Galicia na cal a Moura xogaba un papel destacado, chegou o momento de pasar do pensamento á acción, dos libros ó terreo, e ir na procura deses lugares nos que a Deusa –baixo a aparencia da Raíña Lupa, a Vella ou a Moura– deixou a súa pegada.

Como en escasas ocasións acontece, os planetas aliñáronse no noso favor e presentóusenos a oportunidade de coñecer de primeira man as xeografías míticas da nosa terra. Explorar aqueles espazos con trazas de auténticos lugares sagrados precristiás para sentir a súa forza, o seu magnetismo e, facendo un exercicio de empatía, tratar de captar as emocións que embargaban ós nosos antigos cando acudían a eles con toda a súa fe e devoción. Unha oportunidade para non perder.

E o primeiro destino deste salto ó terreo non podía ser outro que o sagrado Monte Pindo, o chamado Olimpo Celta, lugar vinculado tamén ó mito da Raíña Lupa. A compañía conformábana un grupiño de apaixonados da nosa mitoloxía, algúns deles bos amigos cos que tiven o pracer de colaborar no libro “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego”, editado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Precisamente, o seu presidente foi o noso guía de excepción, experto coñecedor da mitoloxía galega, das crenzas, os ritos e as xeografías sagradas desta nosa máxica terra, profesor e amigo, o antropólogo Rafael Quintía.

Comezamos a subida nun día de vaga de calor, levando enriba o imprescindible para sobrevivir durante dous días na montaña, unhas condicións que –dentro do posible nestes tempos de abundancia e tecnoloxía– nos brindaban a oportunidade de achegarnos á experiencia dos nosos devanceiros nun mundo moito máis duro que o actual. Conforme avanzábamos polo rochoso camiño, tivemos o primeiro recordatorio de que estabamos nun lugar sagrado, nunha vía de peregrinación pagán que precisou ser cristianizada, esculpindo unha cruz nun penedo de curiosa forma que parecía querer imitar á propia montaña.

IMG_3295
Dende alí observamos o pico de Penafiel, lugar ó que non accederemos desta vez pero que segue a falarnos dos antigos cultos, pois atopouse alí unha inscrición latina na que se excomungaba o castelo que alí puidese existir. Coroado de pías naturais, apuntouse a posibilidade de que algunha delas non o fose ou mesmo de que se tratase dunha das camas da fertilidade que o Pai Sarmiento comentou que había no lugar. Escribiu tamén no seu “Viaje a Galicia” que a herba no Pindo medraba moito da noite á mañá e que a xente acudía a el para recoller herbas medicinais pola especial potencia dos seus poderes.

Seguindo co dificultoso ascenso, vamos gañando metros e chegamos ó Campo da Moa de Riba, onde se realizaba un curioso rito para os enfermos ós que os médicos non daban remedio. O paciente deitábase no chan e debuxábase nel a súa silueta. Despois, o lugar onde estivera o seu corpo baleirábase de terra estendéndose esta sobre unha laxe. Cando a terra retirada secaba, a enfermidade desaparecía.

Volvemos atopar no camiño –chantada no medio e medio deste– outra pedra curiosa, desta vez adobiada con coviñas, formacións a miúdo asociadas a ritos, crenzas ou lendas.

IMG_E3304
Chegamos agora a un dos lugares más especiais do Pindo, aquel onde se situaba a antiga capela que cristianizaba o lugar. Atopábase a carón dunha pena rachada da que nace auga e diante da chamada Cova dos Mouros.

IMG_E3317

Non semella casual atopar estas formacións nun lugar cristianizado, pois abondosos son os exemplos de templos católicos situados xunto a un nacemento natural de auga ou unha cova. Pouco se sabe desta capela, nin sequera a súa advocación, mais alá de que un documento do ano 830 fala dunha construción relixiosa no Monte Pindo. Hoxe, tan só quedan os escombros de pedra, mais entre eles agárdanos unha sorpresa: unha pedra inscrita con estrañas letras e unha cruz potenzada. Todo apunta a que se trata da mesma que dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural sinalan como posible inscrición fundacional da capela, ou quizais dunha remodelación posterior.

Inscricion-con-tiza-da-Ermida-do-Monte-Pindo
https://quepasanacosta.gal/recuperando-a-historia-da-ermida-do-monte-pindo/

Sen embargo, o máis significativo desta capela é o propio feito de que tivese existido. Como dicimos, o acceso ó lugar é canso e dificultoso, camiñando entre rochas, penedos e regatos; o que convirte a situación da ermida en pouco ideal. Este feito, xunto á coincidencia do templo cunha cova dos mouros e unha fonte que nace nunha fenda dun penedo, non nos han deixar dúbidas de que se trata dunha cristianización dun lugar de culto anterior. Xusto o que estabamos a buscar.

Cos ánimos enchidos polos descubrimentos feitos ata o de agora, emprendemos o tramo final para acadar o alto da Moa. Lugar espectacular onde os haxa, difícil de describir con palabras. Trátase dunha paisaxe fora do común, moi distinta a todo aquilo que os nosos ollos están acostumados a contemplar. Coroa a cima unha enorme laxe inzada de numerosas e grandes pías que, como apunta a compañeira Ana Durán, semellan unha paisaxe lunar. Enfronte, a inmensidade do mar.

IMG_E3324

O feito de que no mesmísimo cumio dun monte considerado sagrado –In Carinota cum suo monte sacro, Celanova 942– se atope tal cantidade de pías naturais non ha resultar tampouco casual, a xulgar polas crenzas e tradicións asociadas a estas formacións por todo o país. A auga contida nelas adóitase considerar máxica, pois é auga que non nace ningures senón que ven directamente do ceo, e emprégase para mollar o corpo e tratar así diversas afeccións. Ás veces, tamén se di que nelas se bañan a Moura ou os mouros, ou que son as cavidades onde a primeira apoiaba os seus peites ou cociñaba. Como non podía ser doutro xeito, o lugar tamén está cristianizado cunha cruz gravada no seu punto máis alto, moi similar á que atopamos durante a subida.

Emprendemos a baixada e dirixímonos cara o Chan de Lourenzo, para o cal deberemos cruzar por outro punto máxico: un dos lugares –pois hai mais– onde se di que a Raíña Lupa está enterrada no Pindo, con ouro na cabeza e nos pés. Sabendo que a Raíña Lupa é o alter ego da Vella, preguntámonos que crenza anterior se agochará tras esa lenda. A existencia dunha mámoa quizais, dunha Casa da Moura? Desta vez, quedaremos coa dúbida.

Xa no Chan de Lourenzo, topámonos fronte a fronte co chamado Xigante da Mina, un espectacular coloso de pedra do que resulta difícil crer que non sexa feito de xeito artificial: a cabeza, o tronco e mesmo o brazo se debuxan con exactitude na pedra, conformando un sentinela que vixía sen descanso a máxica Moa.

IMG_E3344
Sen embargo, habería que agardar ó amencer do día seguinte para descubrir o segredo mellor gardado deste lugar: un fenómenos solar descuberto por Rafael Quintía e do que da conta no seu blogue: https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2009/08/23/orientacion-solar-no-pindo/

Mais antes de dar por rematado o día, agardábanos unha última camiñada na procura da Cova da Xoana. Malia non ter conseguido entrar nela, debido ó mal estado da vía pola que tentamos acceder, si puidemos contemplar un dous lugares máis máxicos do Pindo. Contan as lendas que nesta cova facían os seus “aquelarres” as bruxas na Noite de San Xoán, tralo cal saían voando nas súas escobas para repartise o lugar ó que se dirixiría cada unha. Tamén se fala de que as xentes acudían ata aquí para realizar os rituais de quitar o aire de morto ou o mal de ollo, de aí posiblemente o outro nome co que se coñecía a cova: Reverte Demos. E seguímonos a abraiar ó pensar no sagrado que este lugar debeu ter sido para os antigos se eran quen de emprender o duro camiño para visitar esta cova. Deixando voar a mente, imaxinamos un tempo distante no que as meigas habitaban este lugar inaccesible, recibindo ós enfermos e embruxados para, a xeito de sacerdotisas ou druídas, aliviarlles os males cos seus feitizos e conxuros…

FPCF9923
Fotografía: Rafael Quintía

Unha vez descubertos tódolos segredos que o Pindo nos quixo revelar –deixando outros convenientemente agochados para obrigarnos a retornar– emprendemos o camiño de volta, non sen antes facernos cun amuleto do sagrado lugar. Do mesmo xeito que hoxe en día os romeiros mercan medallas nos santuarios, nos trouxemos connosco o obxecto de poder do Monte Pindo: as pedras do raio. Tradicionalmente críase que estas formacións –prismas de seixo cristalizado– eran as puntas dos raios que caían á terra, as cales se afundían baixo ela e saían á superficie ó cabo de sete anos. Eran usadas como amuletos protectores contra as treboadas e, tamén, contra o mal en xeral.

IMG_E3484 (2)

Penso que toda persoa con sensibilidade que visite este lugar, retornará del convencida de que se trataba, en efecto, dun lugar sagrado: a orografía especial do terreo, o afán por cristianizala, as crenzas e as lendas que se espallan polo lugar, apuntan todas na mesma dirección. Así, a sensación que nos queda tras ter completado a expedición é a de ter percorrido un camiño de peregrinación ancestral que cumpría con tódolos tópicos das viaxes iniciáticas: o camiño inaccesible, as duras probas, o sacrificio necesario e, finalmente, a éxtase ante a contemplación dos segredos revelados e o corazón enchido de agradecemento á divindade por ternos permitido sentir a súa maxia.

En palabras do amigo Carlos Ares, seguiremos facendo camiño.

Bibliografía:

 

En busca de la Reina Lupa en el sagrado Monte Pindo

Dedicamos la última entrada de este blog a estudiar la relación existente entre la Reina Lupa y la Vieja, llegando a la conclusión de que la primera no es sino la versión culta y cristianizada de la segunda. Esta idea nos condujo a pensar que la Moura bien pudo ser una diosa primordial para los gallegos, la cual necesitaba ser sometida y dominada por el Apóstol Santiago en el proceso de cristianización de nuestra tierra.

Así las cosas, tras haber alcanzado la íntima convicción de la existencia de una religión precristiana en Galicia en la cual la Moura jugaba un papel destacado, llegó el momento de pasar del pensamiento a la acción, de los libros al terreno, e ir en busca de esos lugares en los que la Diosa –bajo la apariencia de la Reina Lupa, la Vieja o la Moura– dejó su huella. Como en escasas ocasiones sucede, los planetas se alinearon en nuestro favor y se nos presentó la oportunidad de conocer de primera mano las geografías míticas de nuestra tierra. Explorar aquellos espacios con trazas de auténticos lugares sagrados precristianos para sentir su fuerza, su magnetismo y, haciendo un ejercicio de empatía, tratar de captar las emociones que embargaban a nuestros antiguos cuando acudían a ellos con toda su fe y devoción. Una oportunidad para no perder.

Y el primer destino de este salto al terreno no podía ser otro que el sagrado Monte Pindo, el llamado Olimpo Celta, lugar vinculado también al mito de la Reina Lupa. La compañía la conformaban un grupito de apasionados de nuestra mitología, algunos de ellos buenos amigos con los que tuve el placer de colaborar en nuestro libro “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego”, editado por la Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Precisamente, su presidente fue nuestro guía de excepción, experto conocedor de la mitología gallega, de las creencias, los ritos y las geografías sagradas de esta nuestra mágica tierra, profesor y amigo, el antropólogo Rafael Quintía.

Comenzamos la subida en un día de ola de calor, llevando encima lo imprescindible para sobrevivir durante dos días en la montaña, unas condiciones que –dentro de lo posible en estos tiempos de abundancia y tecnología– nos brindaban la oportunidad de acercarnos a la experiencia de nuestros antepasados en un mundo mucho más duro que el actual. Conforme avanzábamos por el rocoso camino, tuvimos el primer recordatorio de que estábamos en un lugar sagrado, en una vía de peregrinación pagana que necesitó ser cristianizada, esculpiendo una cruz en una piedra de curiosa forma que parecía querer imitar a la propia montaña.
IMG_3295
Desde allí observamos el pico de Penafiel, lugar al que no accederemos esta vez pero que sigue hablándonos de antiguos cultos, pues se encontró allí una inscripción latina en la que se excomulgaba el castillo que allí pudiese existir. Coronado de pilas naturales, se apuntó la posibilidad de que alguna de ellas no lo fuese o incluso de que se tratase de una de las camas de la fertilidad que el Padre Sarmiento comentó que había en el lugar. Escribió también en su “Viaje a Galicia” que la hierba en el Pindo crecía mucho de la noche a la mañana y que la gente acudía a él para recoger hierbas medicinales por la especial potencia de sus poderes.

Siguiendo con el dificultoso ascenso, vamos ganando metros y llegamos al Campo da Moa de Riba, donde se realizaba un curioso rito para los enfermos a los que los médicos no daban remedio. El paciente se acostaba en el suelo y se dibujaba en él su silueta. Después, el lugar donde estuviera el cuerpo se vaciaba de tierra extendiéndose esta sobre una piedra plana. Cuando la tierra secaba, la enfermedad desaparecía.

Volvemos a encontrar en el camino –clavada en el medio y medio de este– otra curiosa piedra, esta vez marcada con “coviñas”, formaciones a menudo asociadas a ritos, creencias o leyendas.
IMG_E3304
Llegamos ahora a uno de los lugares más especiales del Pindo, aquel donde se situaba la antigua capilla que cristianizaba el lugar. Se encontraba junto a una roca rajada de la que nace agua y delante de la llamada Cova dos Mouros.
IMG_E3317
No parece casual encontrar estas formaciones en un lugar cristianizado, pues abundantes son los ejemplos de templos católicos situados junto a un nacimiento natural de agua o una cueva. Poco se sabe de esta capilla, ni siquiera su advocación, más allá de que un documento del año 830 habla de una construcción religiosa en el Monte Pindo. Hoy, tan solo quedan los escombros de piedra, pero entre ellos nos espera una sorpresa: una piedra inscrita con extrañas letras y una cruz potenzada. Todo apunta a que se trata de la misma que desde la Asociación Monte Pindo Parque Natural señalan como posible inscripción fundacional de la capilla, o quizás de una remodelación posterior.

Inscricion-con-tiza-da-Ermida-do-Monte-Pindo
https://quepasanacosta.gal/recuperando-a-historia-da-ermida-do-monte-pindo/

Sin embargo, lo más significativo de esta capilla es el propio hecho de que tuviese existido. Como decimos, el acceso al lugar es cansado y dificultoso, caminando entre rocas, piedras y regatos; lo que convierte la situación de la erita en poco ideal. Este hecho, junto a la coincidencia del templo con una cueva de los moros y una fuente que nace en una raja de una roca, no nos dejan dudas de que se trata de una cristianización de un lugar de culto anterior. Justo lo que estábamos buscando.

Con ánimos renovados por los descubrimientos hechos hasta ahora, emprendemos el tramo final para alcanzar el alto da Moa. Lugar espectacular donde los haya, difícil de describir con palabras. Se trata de un paisaje fuera de lo común, muy distinto a todo aquello que nuestros ojos están acostumbrados a contemplar. Corona la cima una enorme roca plagada de numerosas y grandes pilas que, como apunta la compañera Ana Durán, parecen un paisaje lunar. En frente, la inmensidad del mar.

IMG_E3324

El hecho de que en la mismísima cumbre de un monte considerado sagrado –In Carinota cum suo monte sacro, Celanova– se encuentren tal cantidad de pilas naturales no debe resultar tampoco casual, a juzgar por las creencias y tradiciones asociadas a estas formaciones por todo el país. El agua contenida en ellas acostumbra a considerarse mágica, pues es agua que no nace en ningún sitio sino que viene directamente del cielo, y se emplea para mojar el cuerpo y tratar así diversas afecciones. A veces, también se dice que en ellas se bañan la Moura o los mouros, o que son las cavidades donde la primera apoyaba sus peines o cocinaba. Como no podía ser de otro modo, el lugar también está cristianizado, con una cruz gravada en su punto más alto, muy similar a la que encontramos durante la subida.

Emprendemos la bajada y nos dirigimos cara Chan de Lourenzo, para lo cual deberemos cruzar por otro punto mágico: uno de los lugares –pues hai más– donde se dice que la Reina Lupa está enterrada en el Pindo, con oro en la cabeza y en los pies. Sabiendo que la Reina Lupa es el alter ego de la Vieja, nos preguntamos que creencia anterior se esconderá tras esa leyenda. ¿La existencia de una mámoa quizás, de una Casa da Moura? Esta vez nos quedaremos con la duda.

Ya en Chan de Lourenzo, nos topamos frente a frente con el llamado Gigante de la Mina, un espectacular coloso de piedra del que resulta muy difícil creer que no sea hecho de forma artificial: la cabeza, el tronco e incluso el brazo se dibujan con exactitud en la piedra, conformando un centinela que vigila sin descanso la mágica Moa.

IMG_E3344

Sin embargo, habría que esperar al amanecer del día siguiente para descubrir el secreto mejor guardado de este lugar: un fenómeno solar descubierto por Rafael Quintía y del que da cuenta en su blog: https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2009/08/23/orientacion-solar-no-pindo/

Pero antes de dar por terminado el día, nos esperaba una última caminata en busca de la Cova da Xoana. Pese a no haber conseguido entrar en ella, debido al mal estado de la vía por la que intentamos acceder, si pudimos contemplar uno de los lugares más mágicos del Pindo. Cuentan las leyendas que en esta cueva hacían sus aquelarres las brujas en la Noche de San Juan, tras lo cual salían volando en sus escobas para repartirse el lugar al que se dirigiría cada una. También se habla d que las gentes acudían hasta allí para realizar los rituales de quitar el aire de muerto o el mal de ojo, de ahí posiblemente el otro nombre con el que se conocía la cueva: Reverte Demos. Y nos seguimos sorprendiendo al pensar en lo sagrado que este lugar debió haber sido para los antiguos si eran quien de emprender el duro camino para visitar esta cueva. Dejando volar la mente, imaginamos un tiempo lejano en el que las meigas habitaban este lugar inaccesible, recibiendo a los enfermos y embrujados para, a modo de sacerdotisas o druidas, aliviarles los males con sus hechizos y conjuros…

FPCF9923
Fotografía: Rafael Quintía

Una vez descubiertos todos los secretos que el Pindo nos quiso revelar –dejando otros convenientemente escondidos para obligarnos a regresar– emprendemos el camino de vuelta, no sin antes hacernos con un amuleto del sagrado lugar. Del mismo modo que hoy en día los romeros compran medallas en los santuarios, nosotros nos llevamos el objeto de poder del Monte Pindo: las piedras del rayo. Tradicionalmente se creía que estas formaciones –prismas de cuarzo cristalizado– eran las puntas de los rayos que caían a la tierra, las cuales se hundían bajo ella y salían a la superficie al cabo de siete años. Eran usadas como amuletos protectores contras las tormentas y, también, contra el mal en general.
IMG_E3484 (2)
Pienso que toda persona con sensibilidad que visite este lugar, regresará convencida de que se trataba, en efecto, de un lugar sagrado: la orografía especial del terreno, el afán por cristianizarla, las creencias y las leyendas que se diseminan por el lugar, apuntan todas en la misma dirección. Así, la sensación que nos queda tras haber completado la expedición es la de haber recorrido un camino de peregrinación ancestral que cumplía con todos los tópicos de los viajes iniciáticos: un camino inaccesible, las duras pruebas, el sacrificio necesario y, finalmente, el éxtasis ante la contemplación de los secretos revelados y el corazón lleno de agradecimiento a la divinidad por habernos permitido sentir su magia.

En palabras del amigo Carlos Ares, seguiremos facendo camino.

Bibliografía:

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: