A loita entre a Fiandeira divina e o Dragón

 

Como vimos constatando ó longo das entradas deste blogue, numerosas son as lendas que teñen como protagonista a unha fiandeira con atributos máxicos ou sobrenaturais; unha personaxe que, polas súas características, identificamos coa Moura da nosa mitoloxía. Abondosas son tamén na nosa tradición as historias de dragóns en tódalas súas versións: bechas, serpes xigantes, cocas, tarascas, lagartos lascivos ou comellóns… Pero o que non resulta tan habitual, senón mais ben todo o contrario, é unha lenda na que as dúas personaxes míticas se enfronten como rivais: a loita entre a Fiandeira divina e o Dragón.

No concello portugués de Arcos de Valdevez eríxese o santuario de Nossa Senhora da Peneda, un lugar asociado a suxestivas lendas. Unha delas conta que esta é unha das sete virxes irmás de Anamán –o penedo principal do que todas emerxeron–, repartidas por outras tantas igrexas entre Galicia e Portugal. Miguel Losada, no seu interesante artigo “As sete virxes de Anamán. Implicacións cosmogónicas dun relato tradicional” analiza este mitema repetido en todo o mundo de sete irmás divinas, con paralelos tamén na mitoloxía galega e ó que algún día dedicaremos unha entrada.

Mais hoxe interésanos outra historia vinculada co sagrado lugar. Conta esta como, moito tempo atrás, habitaba na zona coñecida como Lamas de Mouro un grande lagarto que devoraba a todo canto ser vivinte atopaba. Non pasaba fame o temible animal, pois deixaba caer os seus pasos polo camiño de peregrinación que conducía ó santuario, moi concorrido este por toda clase de devotos. Fálanos tamén a lenda dunha muller que habitaba no Coto da Meadinha –o grande penedo que se sitúa detrás do santuario–, a cal pasaba o tempo fiando e asollando as súas madeixas ou meadas, quizais de aí o nome do lugar. Un día esta fiandeira atopouse fronte a fronte co lagarto, que non dubidou en botarse a ela. Ante o perigo, a muller botou man da única arma que levaba enriba: colleu o copo de fiar que tiña prendido na cintura e bateu con el no réptil, o cal inmediatamente quedou transformado en pedra. Di a lenda que esta muller non podía ser outra que a Virxe de Nossa Senhora da Peneda e que o lagarto aínda pode contemplarse hoxe como unha das rochas do lugar coñecido como Portela do Lagarto.

traje tradicional portugal - hilandera
Boneca típica do norte de Portugal co copo prendido na cintura, igual que a fiandeira da lenda.

Analicemos agora os compoñentes esenciais desta historia. Temos por unha banda a unha fiandeira na que, a pouco que abramos os ollos, recoñeceremos os atributos da nosa Moura:

– Habita no cumios dun penedo que destaca na paisaxe.
– Fortemente vinculada co fiado.
– Asolla as súas madeixas, tal como fan as mouras nas nosas lendas cos utensilios relacionados co arte de fiar.
– Ten a capacidade de transformar a outros seres en pedra, igual que ocorre nalgunhas historias da nosa terra.
– É interpretada polo cristianismo como a Nai de Deus.

Non nos cabe dúbida que, aínda que non se diga expresamente no relato por ter sido este cristianizado, estamos claramente ante a figura que en Galicia chamamos Moura. Sinalar tamén que a propia toponimia do lugar, Lamas de Mouro, parece sinalarnos a presenza destes seres na contorna.

Así, unha vez identificada a heroína da historia, constatamos como é a nosa divindade precristiá quen se enfronta e vence ó dragón, o que convirte a esta lenda nun caso fascinante e orixinal. No conto folclórico, este adoita ser sometido por un cabaleiro que libra del á princesa para despois casar con ela, sendo recorrente que o feroz animal se aposte na fonte do pobo impedindo así o acceso á auga. Na nosa lenda da Coca, o pobo unido é quen libra ás doncelas da vila do seu acoso. Na haxiografía cristiá, o caso máis sonado é o de San Xurxo, que acaba co dragón como símbolo do triunfo da nova fe e conseguindo así converter á poboación pagá.

Sen embargo, será precisamente no cristianismo onde atopemos tamén un punto de conexión coa lenda portuguesa, pois numerosas son as santas que venceron a un dragón:

– Santa Ilda de Whitby: a lenda fala dunha praga de serpes que a santa transformou en pedra, tal como a fiandeira do relato. Esta historia explica a presenza dos fósiles ammonoidea na zona, interpretados como serpes enroscadas petrificadas.
– Santa Marta: conseguiu domar cos seus rezos ó temible dragón de Tarascón e, mediante este acto, converter ó cristianismo á poboación. Este feito é conmemorado no Corpus Christie de numerosas localidades, sacando en procesión á feroz criatura e maila santa.
– Inmaculada Concepción: adoita ser representada en pé sobre o dragón, seguindo unha descrición dada no Apocalipse sobre unha muller vestida de sol, coa lúa ós pés e as estrelas na cabeza, á que persigue un serpe demoníaca tras ter sido esta expulsado da terra.
– Santa Mariña: é recorrente a súa representación co dragón vencido, pois este aparecéuselle no calabozo no que foi recluída e a santa conseguiu sometelo co poder da cruz.

Este último dato énos de grande interese, pois o antropólogo Rafael Quintía no seu libro “Mariña: de deusa a santa” apórtanos abondosos exemplos de como a nosa figura da Moura semella ter sido substituída, precisamente, por esta advocación, ou mesmo de como a santa mantén características da nosa divindade precristiá. Cabe preguntarse entón se o sometemento do dragón pode ser unha mais das facetas da Moura absorbidas pola santa.

IMG_2205
Antigo relicario na sacristía de Santa Mariña de Augasantas

Como acabamos de comprobar, é un feito habitual na imaxinería católica que unha figura divina feminina venza a un dragón. De feito, dáselle a este acontecemento tal relevancia que, en moitos lugares, constitúe a representación principal da festa do Corpus Christi: Santa Marta, a propia Virxe ou unha muller profana sometendo ou vencendo ó dragón. De feito, na Festa da Coca de Redondela (Pontevedra), malia que a lenda mais repetida nos diga que foi o pobo quen venceu á tarasca, o día do Corpus –seguindo a versión da historia na que foi a Nai de Deus quen a expulsou– represéntase como a besta foxe ante a coñecida como Virxe da Gabacha, levada en procesión polas rúas da vila.

Un dato interesante tamén é a expresión plástica do sometemento do animal: a virxe ou santa correspondente aparece chantando unha lanza ou unha vara ó animal, o que non deixa de recordarnos á fiandeira cravándolle o copo.

tarasca
https://www.laopiniondezamora.es/opinion/2015/06/07/tarasca/848851.html

Analicemos agora tódolos datos que vimos de expoñer. Temos, por unha banda, a lenda dunha moura que vence a un dragón batendo nel co seu copo, a cal rematou por ser asimilada coa Virxe. Pola outra, numerosas santas ou á mesma Virxe realizando idéntica proeza. Tamén, o dato nada desprezable que sexa precisamente esta a representación principal nunha importante festa católica como é o Corpus Christi.

Con esta información na man, non parece descamiñado pensar que, quizais, esteamos a asistir na festa do Corpo de Cristo á cristianización dun mitema anterior. A favor desta hipótese, sinalar que xunto coa Tarasca e a personaxe divina que a somete, aparece a miúdo algún personaxe vestido con chocas e/ou vinchas, a xeito de bufón e coñecido na nosa terra como Choqueiro ou Centulo, nomes dados tamén a personaxes de Entroido de idénticos atributos. Como vemos, trátase de figuras do acervo pagán que nada pintarían nunha cerimonia católica, pero que cobran todo o seu sentido se, como dicimos, se trata en realidade da cristianización dun rito pagán.

Desfile-Tarasca-385-de-907
Cabezudos que acompañan á Tarasca de Granada golpeando con vinchas ós asistentes, tal como fan os nosos personaxes de Entroido.

Con todos estes datos na man, constatamos como se abre ante nós unha nova vía de investigación a ter en conta: o estudo desa divindade feminina que somete ó dragón. Antes Moura, agora Santa ou Virxe, mais sempre máxica, sempre poderosa.

Continuará.

 

BIBLIOGRAFÍA:
– CAMPELO, A. Lendas do Vale do Minho. Associação de Municípios do Vale do Minho, 2002.
– LOSADA, M. Albión Galaica. Sociedade Antrpolóxica Galega, 2016.
– LOSADA, M. As sete virxes de Anamán. Fol deVeleno. Sociedade Antropolóxica Galega, 2016
– QUINTÍA PEREIRA, R. Mariña: de deusa a santa. Ed. Galaxia, 2017.

 

 

La lucha entre la Hilandera divina y el Dragón

Como venimos constatando a lo largo de las entradas de este blog, numerosas son las leyendas que tienen como protagonista a una hilandera con atributos mágicos o sobrenaturales; un personaje que, por sus características, identificamos con la Moura de nuestra mitología. Abundantes son también en nuestra tradición las historias de dragones en todas sus versiones: bichas, sierpes gigantes, cocas, tarascas, lagartos lascivos o come-personas… Pero lo que no resulta tan habitual, sino más bien todo lo contrario, es una leyenda en la que ambos personajes míticos se enfrenten como rivales: la lucha entre la Hilandera divina y el Dragón.

En el ayuntamiento portugués de Arcos de Valdevez se erige el santuario de Nuestra Señora de la Peneda, un lugar asociado a sugestivas leyendas. Una de ellas cuenta que esta es una de las siete vírgenes hermanas de Anamán –el pedrusco principal del que todas emergieron–, repartidas por otras tantas iglesias entre Galicia y Portugal. Miguel Losada, en su interesante artículo “Las siete vírgenes de Anamán. Implicaciones cosmogónicas de un relato tradicional” analiza este mitema repetido en todo el mundo de siete hermanas divinas, con paralelos también en la mitología gallega y al que algún día dedicaremos una entrada.

Pero hoy nos interesa otra historia vinculada con el sagrado lugar. Cuenta esta como, mucho tiempo atrás, habitaba en la zona conocida como Lamas de Mouro un gran lagarto que devoraba a todo cuanto ser viviente se encontraba. No pasaba hambre el temible animal, pues dejaba caer sus pasos por el camino de peregrinación que conducía al santuario, muy concurrido este por toda clase de devotos. Nos habla también la leyenda de una mujer que habitaba en el Coto da Meadinha –la montaña rocosa que se sitúa detrás del santuario–, la cual pasaba el tiempo hilando y poniendo al sol sus madejas, “meadas” en portugués y de ahí quizás el nombre del lugar. Un día esta hilandera se encontró frente a frente con el lagarto, que no dudó en echarse a ella. Ante e peligro, la mujer echó mano de la única arma que llevaba encima: cogió el copo de hilar que tenía enganchado en la cintura y golpeó con él al reptil, el cual inmediatamente quedó transformado en piedra. Dice la leyenda que esta mujer no podía ser otra que la Virgen de Nuestra Señora de la Peneda y que el lagarto aún puede contemplarse hoy como una de las rocas del lugar conocido como Portela do Lagarto.

traje tradicional portugal - hilandera
Boneca típica do norte de Portugal co copo prendido na cintura, igual que a fiandeira da lenda.

Analicemos ahora los componentes esenciales de esta historia. Tenemos por una parte a una hilandera en la que, a poco que abramos los ojos, reconoceremos los atributos de nuestra Moura:

– Habita en la cumbre de un peñasco que destaca en el paisaje
– Fuertemente vinculada con el hilado.
– Pone al sol sus madejas, tal como hacen las mouras en nuestras leyendas con los utensilios relacionados con el arte de hilar.
– Tiene la capacidad de transformar a otros seres en piedra, igual que ocurre en algunas historias de nuestra tierra.
– Es interpretada por el cristianismo como la Madre de Dios.

No nos cabe duda que, aunque no se nos diga expresamente en el relato por haber sido este cristianizado, estamos claramente ante la figura que en Galicia llamamos Moura. Señalar también que la propia toponimia del lugar, Lamas de Mouro, parece señalarnos la presencia de estos seres en la contorna.

Así, una vez identificada a la heroína de la historia, constatamos como es nuestra divinidad precristiana quien se enfrenta y vence al dragón, lo que convierte a esta leyenda en un caso fascinante y original. En el cuento folclórico, este acostumbra a ser sometido por un caballero que libra de él a la princesa para después casarse con ella, siendo recurrente que el feroz animal se aposte en la fuente del pueblo impidiendo así el acceso al agua. En nuestra leyenda de la Coca, el pueblo unido es quien libra a las doncellas de la villa de su acoso. En la hagiografía cristiana, San Jorge acaba con él como símbolo del triunfo de la nueva fe, consiguiendo con este heroico acto convertir a la población pagana.

Sin embargo, será precisamente en el cristianismo donde encontremos también un punto de conexión con la leyenda portuguesa, pues numerosas son las santas que vencieron a un dragón:

– Santa Hilda de Whitby: la leyenda habla de una plaga de serpientes que la santa transformó en piedra, tal como la hilandera del relato. Esta historia explica la presencia de fósiles ammonoidea en la zona, interpretados como serpientes enroscadas petrificadas.
– Santa Marta: consiguió domar con sus rezos al temible dragón de Tarascón y, mediante este acto, convertir al cristianismo a la población. Este hecho es conmemorado en el Corpus Christi de numerosas localidades, sacando en procesión a la feroz criatura y a la santa.
– Inmaculada Concepción: acostumbra a ser representada en pie sobre el dragón, siguiendo una descripción dada en el Apocalipsis sobre una mujer vestida de sol, con la luna a los pies y las estrellas en la cabeza, a la que persigue una sierpe demoníaca tras haber sido esta expulsada de la tierra.
– Santa Marina: es recurrente su representación con el dragón vencido, pues este se le apareció en el calabozo en el que fue recluida y la santa consiguió someterlo con el poder de la cruz.

Este último dato nos es de gran interés, pues el antropólogo Rafael quintía en su libro “Marina: de diosa a santa”, nos aporta abundantes ejemplos de cómo nuestra figura de la Moura parece haber sido sustituida, precisamente, por esta advocación, o incluso de cómo a santa mantiene características de nuestra divinidad precristiana. Cabe preguntarse entonces si el sometimiento del dragón puede ser una más de las facetas de la Moura absorbida por la santa.

IMG_2205
Antigo relicario na sacristía de Santa Mariña de Augasantas

Como acabamos de comprobar, es un hecho habitual en la imaginería católica que una figura divina femenina venza a un dragón. De hecho, se le da a este acontecimiento tal relevancia que, en muchos lugares, constituye la representación principal de la fiesta del Corpus Christi: Santa Marta, la propia Virgen o una mujer profana sometiendo o venciendo al dragón. De hecho, en la Fiesta de la Coca de Redondela (Pontevedra), a pesar de que la leyenda más repetida nos diga que fue el pueblo quien venció a la tarasca, el día del Corpus –siguiendo la versión de la historia en la que fue la Madre de Dios quien la expulsó– se representa como la bestia huye ante la conocida como Virgen de la Gabacha, llevada en procesión por las calles de la villa.

Un dato interesante también es la expresión plástica del sometimiento del animal: la virgen o santa correspondiente aparece clavando una lanza o una vara al animal, lo que no deja de recordarnos a la hilandera clavándole el copo.

tarasca
https://www.laopiniondezamora.es/opinion/2015/06/07/tarasca/848851.html

Analicemos ahora todos los datos que acabamos de exponer. Tenemos, por una parte, la leyenda de una moura que vence a un dragón clavándole su huso, la cual acabó por ser asimilada con la Virgen. Por la otra, numerosas santas o la misma Virgen realizando idéntica proeza. También, el dato nada despreciable de que sea precisamente esta la representación principal en una importante fiesta católica como es el Corpus Christi.

Con esta información en la mano, no parece desencaminado pensar que, quizás, estemos asistiendo en la fiesta del Cuerpo de Cristo a la cristianización de un mitema anterior. A favor de esta hipótesis, señalar que junto con la tarasca y el personaje femenino que la somete, aparece a menudo algún personaje vestido con chocas y/o vejigas infladas, a modo de bufón y conocido en nuestra tierra como Choqueiro o Centulo, nombres dados también a personajes del Entroido de idénticos atributos. Como vemos, se trataría de figuras del acervo pagano que nada pintarían en una ceremonia católica, pero que cobran todo su sentido si, como decimos, se trata en realidad de la cristianización de un rito pagano.

Desfile-Tarasca-385-de-907
Cabezudos que acompañan á Tarasca de Granada golpeando con vinchas ós asistentes, tal como fan os nosos personaxes de Entroido.

Con todos estos datos en la mano, constatamos como se abre ante nosotros una nueva vía de investigación a tener en cuenta: el estudio de esa divinidad femenina que somete al dragón. Antes Moura, ahora Santa o Virgen, pero siempre mágica, siempre poderosa.

Continuará.

 

BIBLIOGRAFÍA:
– CAMPELO, A. Lendas do Vale do Minho. Associação de Municípios do Vale do Minho, 2002.
– LOSADA, M. Albión Galaica. Sociedade Antrpolóxica Galega, 2016.
– LOSADA, M. As sete virxes de Anamán. Fol deVeleno. Sociedade Antropolóxica Galega, 2016
– QUINTÍA PEREIRA, R. Mariña: de deusa a santa. Ed. Galaxia, 2017.

Anuncios

Un comentario sobre “A loita entre a Fiandeira divina e o Dragón

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: