O Nadal antes de Cristo

Partindo das tradicións galegas do Tizón de Nadal e do Lume Novo neste caderno revélase, dun xeito ameno e moi visual, como se celebraba o Solsticio de Inverno antes da chegada do cristianismo. A autora vainos levando da man para descubrir como os ritos populares propios destas datas posúen un fondo significado, pois fálannos dunha relixión ligada aos ciclos da Natureza e centrados na figura da Vella, deidade prehistórica. Ao final do caderno inclúese unha pequena de guía de como se poden practicar estes rituais hoxe en día.

Xa á venda en Amazon.

Analizando o significado dun dos ritos da Noiteboa galega: o tizón de Nadal.

Este ano propúxenme recuperar na casa unha das tradicións do Nadal galego máis esquecidas e tamén máis interesantes. Trátase do tizón / cepo / rachón / cachopo de Nadal. Como xa dixen algunha vez, penso que a clave para que as tradicións non se perdan é coñecer o seu significado, máis aló de repetir un rito no que, verdadeiramente, non sabemos o que estamos a facer. Xa que logo, alá imos, a debullar o fondo simbolismo -expresado en forma de mitos e crenzas- que se agocha tralo tizón de Nadal.

Seguir leyendo «Analizando o significado dun dos ritos da Noiteboa galega: o tizón de Nadal.»

Un santuario dedicado á Vella.

Os que seguides este blogue e as miñas publicacións estades fartos de saber quen é a Vella. A Vella é unha personaxe mítica -faceta anciá da fermosa Moura de longos cabelos louros que aparece peiteándose nos cursos de auga-, protagonista de infinidades de lendas por todo o noso territorio. A súa figura utilízase para explicar quen colocou tal pedra en tal lugar, quen construíu as mámoas mentres ía fiando, ela é quen crea moitos dos fenómenos meteorolóxicos (non en van, o Arco da Vella leva o seu nome) e outras tantas características idénticas ás que adoitan presentar as divindades cosmogónicas. Isto é, unha deusa moi antiga, prehistórica, que rexía os ciclos da vida e da morte e daba explicación a todo aquelo para o que o ser humano non tiña resposta. Ela era a propia Natureza, o propio Cosmos personificado, Ela era aquela da que todos descendemos e creadora de todo canto alcanza a vista[1].

Seguir leyendo «Un santuario dedicado á Vella.»

Reseña en clave antropológica de «El hombre del norte»

Una cosa se deduce del estudio antropológico de la cosmovisión previa al estallido positivista, y es una forma de estar en el mundo Natural y Sobrenatural al mismo tiempo. Todo cuanto nos rodea es interpretado como cargado de vida -en una clara continuidad de la arcaica cosmovisión animista del mundo-, y a lo que captan los sentidos debe sumarse lo se percibe a través de la emoción y la intuición. En comparación, es como si a la forma actual occidental de ver el mundo le faltase una capa de realidad, un órgano que no estuviese funcionando.

Esto crea una experiencia de estar en el mundo fragmentada y vacía de contenido, si se confronta con esa experiencia integradora, holística, simbólica y siempre significativa de las sociedades que nos precedieron.

Precisamente por ello, por esa distancia entre una y otra forma de ver el mundo, se hace muy difícil plasmar esa cosmovisión integradora de lo natural y lo sobrenatural en una película. Pero The Northman (El hombre del norte) lo ha conseguido.  

Asistir al espectáculo de la proyección de esta película en una sala de cine se convierte en una inmersión participante en un mundo lleno de intuiciones, ritos, símbolos, presagios, dioses y, sobretodo, personas con la capacidad de canalizar e interpretar todas estas fuerzas que dan sentido a una experiencia animista del mundo. 

La música, una evocación constante de sonidos rituales: tambores, silencios, cantos guturales y lamentos se dan la mano para transportarnos en una ceremonia de más de dos horas de duración. La fotografía, estremecedora en cada momento de especial carga simbólica del film, en la elección de los planos, de los colores, las luces y las sombras; y, muy especialmente, en cada objeto y adorno que portaban los personajes.

Como un lenguaje sutil, de narrativa evocadora, sugestiva, que apunta directa al subconsciente, a ese lugar donde residen los significados de los símbolos que creemos haber olvidado, pero que laten con fuerza expresiva cuando se tocan las teclas adecuadas. 

Al margen de la trama, la historia trata de ser una evocación significada del universo vikingo y eslavo. Con ese poso chamánico en la ritualística, que las investigaciones más recientes han advertido en estos universos. Esa forma mítica de interpretar la existencia, a través de la activación de lo que Lévi-Strauss llama pensamiento salvaje: un pensamiento tan racional como el que actualmente utilizamos (el domesticado) pero que emplea otros recursos de la psique: la intuición, el mito, lo concreto, los símbolos, la atemporalidad y el rito, como elementos que dotan de significado al mundo.

Como herramientas integradoras de una existencia que sobrecoge al ser humano, y sólo puede ser aprehendida en toda su esencia a través de los mecanismos no racionales de la mente.

Y para recrear todo este universo, en el film se dan la mano: Ritos de iniciación a la vida adulta en que el candidato pasa de un estado semi-animal a completamente humano. Los míticos berserkers, guerreros mitad humano, mitad oso/lobo, que entraban en batalla semi-desnudos, tocados con pieles y en estado de trance inducido por la ingesta de sustancias alucinógenas. Los ritos de estación, en que se llama a la fertilidad de la tierra a través del uso de adornos vegetales y de encuentros sexuales en las espesuras de los bosques. Los especialistas con capacidad tanto de interpretar las señales de la naturaleza como de manejarlas a su antojo

Esos seres liminales, especiales, que todavía conocen el Lenguaje Original en el que toda la naturaleza habla.

Y, como no, las divinidades mismas encarnadas, que siempre están presentes, acompañando el devenir del ser humano, para quien tenga ojos para verlas: Las valikirias, transportando a los guerreros muertos en batalla a las puertas del Valhala. La diosa eslava Mokosh -hilo conductor de la trama del film- versión local de la Gran Diosa paneuropea, la misma que ha quedado fosilizada en las leyendas ibéricas como la Vieja hilandera, mi objeto predilecto de estudio.

Con su huso del destino, su corona hecha con los cereales que hace emerger de la tierra, su ceguera en este mundo que le hace tener la visión del Otro Mundo, simbolizada por las tres conchas de cauri de su frente: tres, el tercer ojo. 

En resumen, señoras y señores, un espectáculo para el alma y los sentidos, una experiencia evocadora, un viaje iniciático del que no se regresa siendo el mismo. Símbolos, mitos, dioses, espíritus, cantos, ritos y seres liminales se entretejen para entonar una potente llamada: la de percibir esa otra realidad que, hasta no hace tanto, acompañó al devenir humano por este mundo al que llamamos hogar. 

A lenda da Vella sobre o Solsticio de Inverno

Este ano, en lugar de escribir unha entrada especial de Nadal como ben sendo tradición, compártovos unha lenda en formato vídeo.

Vinde, achegádevos ó lume 🔥 e escoitade unha historia sobre un carro máxico. Un carro que fai xirar a bóveda celeste 🌌 e que un bo día… rompeu. Pero todo ten amaño nesta vida, e seguro que a Vella 👵🏼 consegue volver poñelo a andar 😉

Agardo que vos guste, o meu particular agasallo 🎁 de Nadal, feito con moito cariño para todos vós: un anaquiño dunha das miñas pescudas máis fascinantes 🥰

PD: un par de erriños no vídeo: O Kalevala é finlandés, non islandés como digo no vídeo. E o refrán sobre Sta Lucía di “Por Sta Lucía mingua a noite e medra o día”

A Vella retratada nunha peli de animación.

Sempre me enche de alegría descubrir unha película na que sae a Vella. Ben, non sempre, só cando non sae retratada como un ser arrepiante e completamente maléfico. E este é o caso. 

O outro día descubrín o filme de animación “La canción del mar”, unha película do máis riquiña baseada na mitoloxía irlandesa. Cunha estética e unha banda sonora evocadoras, a historia vaise tecendo arredor do folclore e a tradición oral irlandesa, non en van o director quixo facer unha homenaxe ós “seanchaí”, os narradores de contos tradicionais galeses. Tamén se lle nota a influencia -por el declarada- do Estudio Ghibli, cuxas películas adoitan desenvolverse co pano de fondo das crenzas animistas xaponesas. 

Seguir leyendo «A Vella retratada nunha peli de animación.»

Inauguramos canle de YouTube!

Queda oficialmente inaugurada a miña canle de YouTube! 🎥✨

Nela ireivos colgando conferencias, entrevistas, documentais e demais material audiovisual no que teña participado.

E de agasallo de inauguración, que mellor que este pequeno e modesto “tráiler” sobre quen é a Vella 👵🏼❤️

Agardo que vos guste!

Reconstruíndo á Deusa tralo mito

Ó longo das entradas deste meu blogue, así coma nos artigos que teño publicados, levo dadas unhas cantas pinceladas da miña visión sobre quen é a Vella e o que puido significar na cosmovisión arcaica. Sen embargo, sempre foron iso, pequenas pinceladas, información apenas suxerida, miguiñas de pan para ir seguindo o rastro da miña forma de entendela. Por iso este artigo que hoxe vos comparto representa algo importante para min e fágoo con especial agarimo 🥰

Seguir leyendo «Reconstruíndo á Deusa tralo mito»

A Serea do Lérez

Moi poucos saben que no río Lérez hai unha serea. Á altura de Calvelo, hai unha zona do río coñecida coma o Pozo Negro. Chámase así por por ser un lugar de moita fondura, non se sabe nin canta, pois botouse nel unha corda e non se conseguiu tocar chan, quizais non o teña. Este lugar considérase moi perigoso polos veciños, pois contan que ten desaparecido xente que se bañaba, ó quedar atrapados e ser engulidos polo remuíño do pozo. Na beira do pozo existe un enorme penedo coñecido coma o Cachote ou a Rocha da Moura. Disque sobre el, tódolos días ás doce da noite, aparecíase peiteando con peite de prata unha muller moi fermosa de longos cabelos louros e corpo de serea. Ó dicir dalgúns, tratábase dunha linda rapaza que tivera caído no pozo e acabara por se converter en serea, e que desaparecía cando se tentaba achegarse a ela. Tamén o propio penedo sobre o que se aparecía tiña algunha clase de encantamento, xa que podía deixar sen pelo ós que tentaran pasar a noite durmindo sobre el, e quedaron cegos dous canteiros que quixeron rompelo.

Seguir leyendo «A Serea do Lérez»

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑